V Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas, (Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela)
As nosas compañeiras, Lara Pazos Soto e Emma López Sanvicente, presentaron esta mañá os seus traballos sobre a influencia da matriz alimentaria na bioaccesibilidade de migrantes procedentes de materiais de envase alimentarios, e a identificación de potenciais migrantes en materiais en contacto con alimentos, respectivamente. As presentacións, tanto oral como en formato póster, tiveron lugar no V Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas, celebrado na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.